Unha ruta polas fontes

Unha ruta polas fontes
24 de Abril, 2019 - 12:13 h. | Publicada por Radio Fene

Unha camiñada por Magalofes organízase para este sábado 27 dentro do programa "Ven a Fene". Organiza o Concello de Fene coa colaboraciónda Asociación Veciñal. Chámase a Ruta das Fontes.

Muiño do Redondo. Magalofes. Fene

Unha actividade para vir e disfrutar de Magalofes que conta coa colaboración da entidade veciñal. Está incluída no programa municipal “Vén a Fene. Vén a Magalofes” e celebrarase en horario de mañá. Non se precisa de inscrición previa e basta con presentarse ás 11 horas no local social da AVV de Magalofes, de onde partirá para descubrir as principais fontes da parroquia, un patrimonio único que non defraudará, segundo asegura o concelleiro de Promoción Económica Juan José Franco.

Sociedade

Publica o teu comentario agora