Unha senda bordeará as instalacións de Navantia

Unha senda bordeará as instalacións de Navantia

03 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha senda peonil bordeará as instalacións de Navantia para unir o paseo marítimo de San Valentin, cun paseo que se prolongará por Barallobre e Maniños. A Demarcación de Costas de Galicia retomará a senda nestas parroquias no vindeiro ano.

A senda polo límite de Navantia permitirá contemplar a ria de Ferrol e tamén descubrirá perspectivas novas do estaleiro. Segundo o alcalde de Fene Iván Puentes, ese pode convertirse nun novo elemento de atracción turística. Ademais a xente nova, non coñece as instalacións da antiga Astano. A Demarcación de Costas de Galicia pretende unir todas as ribeiras da ria de Ferrol mediante unha senda peonil similar á existente entre a Xunqueira de San Valentín e o límite dos terminos municipais de Fene e Neda.

Sociedade