Unha sociedade pioneira

Unha sociedade pioneira
20 de Decembro, 2019 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

A primeira sociedade de agricultores da que se ten constancia na Coruña constitúese en Cervás en Ares en 1899. As súa vida debeu ser dura, difícil durante varios anos. O agrarismo contribúe ao proceso de democratización de Galicia.  A poboación rural, sobre todo o campesiñado, crea vías para incorporarse ao exercicio da cidadanía.

Vivenda en Cervás. Ares

A presencia da agraria pioneira en Cervás era sinal ameazante para os mandaríns municipais todos. Intentaron destruíla en múltiples ocasións. Unha vez foi suspendida e a súa directiva procesada por coaccións e delitos electorais precisamente, pero os autos remataron sen condena. A Sociedade, nunha elección a Cortes, recomendou á súa xente que votase contra o candidato encasillado polo goberno. Noutro momento o mandarín -o gran propietario de Cervás- reclamou a todos os seus colonos,e tenedores de gando, asociados, de golpe, a un mesmo tempo, ao pago das débedas (forais, aparceiras e de arrendo), a devolución dos préstamos, a liquidación de rendas e pensións. Aquela sociedade de douscentos membros tivo que buscar baixo a terra 2.000 duros de entón (10.000 dias, case cen anos de traballo dun xornaleiro) para pagar no acto e evitar desafiuzamentos e incautacións. Oito anos despois, Rodrigo Sanz lograr organizar en Fene, a sociedade agrícola La Necesaria, cuxo regulamento se convertera en modélico, segundo indica o historiador Jose Antonio Durán)
Os historiadores Miguel Cabo e Antonio Míguez destacan pola súa banda que a primeira expresión societaria ten o signo das mutuas gandeiras. Combinarán os seguros agrarios, compra de sementes e reparto de consumos, coa actuación anticaciquil e antiforal.
 

Px.57.
J.A.DURAN. Crónicas-3. Entre la mano negra y el nacionalismo galleguista. Akal. Madrid.1981
CABO, MIGUEL E MIGUEZ, ANTONIO. El proceso de democratización en la Galicia rural
http://revistaayer.com/sites/default/files/articulos/89-2-ayer89_Democra... (consultado o 19-12-2019)

Sociedade

Publica o teu comentario agora