Unha tubería nova

Os alcaldes demandan a axuda da Xunta de Galicia e a Deputación provincial
12 de Abril, 2019 - 12:57 h. | Publicada por Radio Fene

O suministro de auga desde Ferrol aos concellos do sur da ría pende dun fío se non se repón a rede das Forcadas no tramo que cruza pola ponte das Pías. Unha vez reposta se comprometen a implicarse no seu mantenemento.

ESCOITA O PODCAST:

Os alcaldes de Ares, Fene, Mugardos, Ferrol e representantes de Emafesa e Augas de Galicia sacaron dúas cousas en limpo despois da xuntanza celebrada onte para analisar a situación da canalización de auga que da servicio á banda sur da ría e que a cruza paralela á Ponte das Pias. A primeira foi que a responsabilidade de manter a canalización era do concello de Ferrol, segundo reza nun acta do ano 1994. A segunda, que parece lóxico que a partir do momento en que se resolva este problema, o resto dos concellos que se benefician da auga que ven das Forcadas deberán coresponsabilizarse do mantenemento desta infraestructura.

 Agora toca amañar o problema da fuga de auga detectada por Emafesa, que require dunhas obras máis serias do previsto, dado o grao de deterioro de toda a rede. Para a renovación das tuberías, os concellos afectados demandan a colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación provincial. Semella que despois das eleccións habería que poñerse mans á obra. Resúmenos as conclusións o alclade de Fene, Gumersindo Galego.

Institucional

Publica o teu comentario agora