Unha valentía sensata

Unha valentía sensata
27 de Xullo, 2020 - 09:39 h. | Publicada por Radio Allariz

"Foi unha valentía sensata" afirma o director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia Roberto Pascual. Máis de vinte espectáculos representáronse en diferentes puntos de Ribadavia. Colgouse o cartaz de entradas agotadas en cada unha das funcións. Persoas voluntarias colaboradoras da organización encargáronse de cumprir de xeito estrito as distancias de seguridade. A obrigatoriedade do uso de máscaras mantivo todas as garantías sanitarias.

O aforo do auditorio do castelo reduciuse para manter as distancias entre espectadores, a organización encargouse do desaloxo ordenado unha vez rematada as funcións e todo transcorreu mantendo os protocolos deseñados. A xente do teatro e os visitantes de Ribadavia amosábanse plenamente satisfeitos. "Unha experiencia distinta pero moi fermosa, diferente, dende a organización estamos contentísimos co equipo, con todos, con como se conseguiron manter o protocolos e seguir adiante" declara hoxe Roberto Pascual no xornal La Región. 

Cultura

Publica o teu comentario agora