Unha visita especial

O alumnado de Os Casais visitou a casa do concello de Fene esta mañá.
14 de Novembro, 2019 - 12:48 h. | Publicada por Radio Fene

O alumnado de Os Casais acudiu acompañado de dous proferores do centro e un mozo e unha moza que están a facer as prácticas de mestres. Foron recibidos polo alcalde, Gumersindo Galego, e a concelleira de Ensino, Juana Barro.

ESCOITA O PODCAST:

A Casa do concello de Fene e Radio Fene recibiron esta mañá unha visita especial, a do alumnado do colexio Os Casais. Unha veintena de alumnos e alumnas do colexio Os Casais de Maniños coñeceron as dependencias municipais da man do alcalde, Gumersindo Galego. A primeira parada foi no salón de plenos onde continúa a exposición Galicia en Foco de 2017. Alí votaron pola foto que máis lles gustou. Na terceira planta pararon nas dependencias de Radio Fene e estiveron ben atentos ás explicacións e ao funcionamento da emisora. Un representente de cada curso, desde 1º a 4º, Lara, Gabriel, Ada e Francisco deixaronnos as súas opinións da visita. Escuetas son, pero aí están.

Cultura

Publica o teu comentario agora