Unha visita moi veraniega

120 rapaces do campus Verán Máis Alá visitaron Radio Fene
17 de Xullo, 2019 - 11:50 h. | Publicada por Radio Fene

O campus lingüístico do colexio de Centieiras falanos das súas actividades e trae a música dos rapaces ao estudio de Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Neste mes de xullo estase a celebrar no colexio de Centieiras o campus lingüístico do Verán Máis Alá. Unha morea de nenos e nenas pasan as mañás en compañía xogando, ao mesmo tempo que aprenden o galego e diversos valores a través dos seus monitores. Son moitas as actividades que realizan, dende xogar ao fútbol ata excursións ás Fragas do Eume. Onte en Radio Fene acollimos unha desas excursións.

Ata 120 rapaces de entre 3 e 12 anos achegárónse a coñecer a radio municipal. Visitaron a redacción, onde observaron o labor de investigación dos locutores e coñeceron a historia da radio dende os tempos do disco de vinilo e a cinta de casette ata os CDs e o Spotify da actualidade.

Tamén puideron ver o control de son e mesmo se puxeron ós micros. Algúns deles contaronnos as súas experiencias máis variopintas e os seus xogos favoritos do campus. (Na imaxe, un dos grupos do Verán Máis Alá nos estudos de Radio Fene)

Sociedade

Publica o teu comentario agora