Unhas 300 fogueiras poderian arder en Ferrol na noite de San Xoan

Unhas 300 fogueiras poderian arder en Ferrol na noite de San Xoan

01 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Ferrol abrirá mañá martes, 2 de xuño, o prazo para solicitar a autorización para celebrar as tradicionais lumieiras de San Xoán. Aqueles cidadáns ou entidades interesadas en facelo tan só teñen que presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral.

O concello vén de confeccionar un impreso específico no que se concretarán, entre outros datos, as características da lumieira e condicións básicas de seguridade. Xunto a este impreso, se facilitará cumprida información coas recomendacións e obrigas que conleva  realización de lumieiras. www.ferrol.es Segundo a vixente ordenanza de parques e xardíns, queda prohibida a realización de lumieiras nas zonas verdes da cidadeDo mesmo xeito, deberá existir unha zona libre de combustibles (árbores, matogueiras, edificacións...) de dez metros medidos dende o bordo da lumieira. A mesma distancia será necesaria respecto a instalacións aéreas, tendidos eléctricos ou telefónicos.

O ano pasado foron máis de 300 as solicitudes recibidas pola Administración local para instalar outras tantas lumieiras por todo o termo municipal. O prazo para presentar as peticións remata o 13 de xuño. 

Sociedade