Unhas gradas decentes

A reparación das gradas completará as infraestruturas deportivas no ceip Centieiras de Perlio.
27 de Setembro, 2019 - 01:01 h. | Publicada por Radio Fene

Fene comezou as obras de renovación das gradas da pista polideportiva de Centieiras onde hai unhas semanas se inauguraba a cuberta da pista. As obras completarán así o complexo educativo e deportivo cunha inxección de 40.000 euros máis.

Fene iniciou as obras de acondicionamento das gradas anexas á nova pista cuberta de Centieiras, en Perlío. Unha intervención orzamentada nuns 40.000 euros necesaria polo estado de deterioro das instalacións. Estase a proceder á súa limpeza, aplicación dunha capa de fibra e formigonado. Así mesmo, os seus laterais cubriranse con madeira para manter a estética da recén estreada cuberta instalada polo Concello, na que se investiron outros 300.000 euros procedentes do superávit, e que deron resposta a unha demanda da comunidade educativa longamente reivindicada.

Así mesmo, Gumersindo Galego avanzou que a actuación en curso completarase coa reforma e acondicionamento da entrada máis próxima ás gradas. Crearase un pasillo de formigón duns 4 metros de ancho e 20 de longo, así como unha zona axardinada. Obras ás que o Concello destinará uns 17.000 euros procedentes de fondos propios.

Deportes

Publica o teu comentario agora