Universitario - Viladecans, choque sen presión

Universitario - Viladecans, choque sen presión

14 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Tanto o Universitario de Ferrol como o Viladecans de Girona acuden á fase de ascenso á Liga Femenina de baloncesto, sen excesiva presión. Enfrontaránse ás oito desta tarde no pavillón de deportes de Badajoz. Os partidos da fase comezaron ás 10 desta mañá, tempo que aproveitou o equipo de Chiqui Barros para unha sesión de video.

No conxunto catalán destacan a norteamericana Nicol Thomas e Miriam, filla do ex xogador do Barcelona Nacho Solozábal. E un equipo xove e aguerrido e cunha ampla rotación.

 

A fase dispútase polo sistema de liga a unha volta en cada grupo. Os dous primeiros clasificados de cada grupo pelexarán cruzados o domingo polas duas prazas de ascenso. O Badajoz finalmente non se clasificou para a promoción e iso pode mermar a afluencia de público ao pavillón. O calor é outro dos factores de última hora que poden influir un play off que o Universitario Ferrol afronta con humildade pero con ambición.

 

Deportes