Urbaser négase a negociar en Lugo

Urbaser négase a negociar en Lugo

13 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Concello de Lugo pediulle a Tragsa que recollera o lixo a pasada noite. Pero a empresa pública alegou falla de tempo para poñer en marcha o servizo. Os traballadores da recollida do lixo de Urbaser en Lugo están en folga dende o pasado luns. Solicitan o mantenemento das percepcións salariais de anos anteriores. A empresa concesionaria négase a negociar mentras continue o paro.

Os traballadores da concesionaria Urbaser en Lugo anunciaron que incumprirán os servizos mínimos fixados durante a celebración do Arde Lucus, que foron establecidos dende este xoves no 100 por cento do servizo. Así, os empregados, que se atopan en folga, sacaron os coches á rúa e formaron unha caravana dende a base de Urbaser, atravesando toda a cidade e provocando importantes colapsos sobre todo ao acceder ao centro. O persoal non desbota que co incumprimento dos mínimos se volvan producir despedimentos, dez xa foron despedidos e dous expedientados no inicio do paro o martes.

Sociedade