Urnas abertas nunha xornada particular

Urnas abertas nunha xornada particular
12 de Xullo, 2020 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha persoa de Protección civil recibe á cidadanía que vai exercer o seu dereito ao voto nas mesas electorais do Museo do Humor de Fene. As persoas fan unha cola no exterior da Casa da Cultura gardando entre elas as distancias de seguridade. Ao entrar a xente que vai cunha máscara de tea, se lle facilita unha cirurxica que se require para entrar no colexio electoral. Hai que achegarse a votar pola porta que da á pista polideportiva e sair pola porta principal. 

Eleccións autonómicas. Fene, 12 de xullo de 2020

Un bote de xel hidroalcoólico permite hixienizar as mans antes de entrar. Ao achegarse á mesa, hai que depositar o documento de identidade nunha bandexa plásitca, de xeito que os integrantes da mesa comproban a documentación sen ter que tocala. En Fene hai cambios en dous colexios electorais, o da escola Concepción Arenal en Chamoso pasa para a Casa do Concello e a do Colexio O Ramo de Barallobre trasládase do vestíbulo do colexio para o pavillón polideportivo.

Un total de 1.794.313 persoas están chamados a votar este domingo nas eleccións ao Parlamento do País Vasco e 2.697.315 nas eleccións ao Parlamento de Galicia nunhas eleccións autonómicas marcadas pola pandemia do coronavirus que obrigou a atrasar a súa celebración.

Institucional

Publica o teu comentario agora