A "vía Seco" nos canóns do Eume

A "vía Seco" nos canóns do Eume
05 de Febreiro, 2020 - 01:32 h. | Publicada por Radio Fene

A “vía Seco” é unha ruta de escalada nos canón do Eume pola parte de abaixo do encoro das Pontes. “O que abre a vía ten dereito a bautizala e falaron comigo para poñerlle o meu nome a esta ruta de douscentos metros en San Martiño de Goente, e iso para min ten moito valor” afirma o montañeiro Xosé Seco. A “vía Seco” está recollida entre outras publicacións no libro de Miguel Seoane e Javier Carreras “Guía de escaladas Galicia vertical”.

ESCOITA O PODCAST:
Xosé Seco, montañeiro e ciclista

Cando chegou a determinada idade Seco deixou de practicar a escalada, un deporte de alto risco. Pasouse ao ciclismo e participa de xeito asiduo na cronoescalada a Breamo e na subida ao Castelo de Andrade. Ten no seu domicilio quince trofeos logrados nesas dúas probas á persoa participante máis veterana. Afirma con fachenda que é desde hai 44 anos socio do Club Montaña Ferrol. En marzo actuará como guía do Colexio Os Casais de Maniños para unha visita á fervenza do Belelle.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora