Vínculos patolóxicos

Noel Blanco achéganos a “Apegos feroces” de Vivian Gornick
30 de Setembro, 2020 - 07:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Apegos feroces" é un libro autobiográfico da escritora estadounidense Vivian Gornick. A obra lévanos pola relación nai-filla como un vínculo patolóxico, de amor-odio.

ESCOITA O PODCAST:

Vivian Gornick escribe moito sobre a familia. Os seus país son emigrantes ucranianos en EEUU, xudeos e moi comprometidos políticamente. “Nena de cueiro roxo” así se autodefine a escritora e xornalista en referencia ao sustrato dos seus país. Na novela que nos ocupa, Gornick camiña coa súa nai anciá polas rúas de Manhattan. Son paseos cheos de reproches, de recordos e complicidade. Así vai discurrindo o relato da loita dunha filla por encontrar o seu lugar no mundo. Esa busca está chea de contradiccións porque a súa nai é pura contradicción para ela. Non entende a vida da filla, é controladora, ríxida nos seus ideais. “Fala dela como unha especie de adicción” afirma o profesor Noel Blanco.  En contraposición está Nettie, o seu outro referente femenino, unha amiga da nai máis soñadora e “desequilibrada”.

“A prosa de Vivian Gornick é moi rica en detalles” engade Blanco “Ten a capacidade de fixarse en pequeñas cousas que nos amosan un Nova Yorke das clases traballadoras. O sur  de Manhattan é o territorio sentimental da novela”. Os homes están aí para documentar a época, afirma Noel Blanco. “A pesar dos pesares, Gornick deixa claro que, a pesar das diferencias, admira á súa nai, inmigrante, traballadora, de cultura socialista e literaria”. A súa lectura queda máis que recomendada.

Vivian Gornick (1935) naceu e medrou no Bronx. No seu traballo como xornalista e escritora  dalle voz al movemento feminista, sendo unha das voces máis recoñecidas neste campo nos EEUU.  É autora dun bo número de ensaios, sempre desde unha perspectiva de xénero.

 

(Na imaxe, Noel Blanco e H.Sanfiz) Noel Blanco, natural de Franza (Mugardos), é profesor na Universidade de Chicago (EEUU)

Cultura

Publica o teu comentario agora