Vítorias dos tres equipos de Fene

Vítorias dos tres equipos de Fene

22 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Perlío gañou esta tarde ao Cedeira por 3 a 0 con goles de Camilo, o primeiro e o terceiro, e de Ramón o segundo. O Maniños fixo o propio no Anexo a Pardiñas e gañou ao Somozas B por 1 a 4. Marcou Charly un dos catro goles do conxunto de Mahía e o Barallobre tamén sumou tres puntos da súa vítoria no campo de O Ramo ante o San Pablo. O equipo de Javi Carpente gañou por 3 tantos a 1.

No resto da Segunda Autonómica de Ferrolterra, o conxunto do Narón B afiánzase na terceira posición despois de gañar esta tarde en Piñeiros ao conxunto do Narahío por 5 tantos a 1. Na cuarta praza está o Meirás, que esta tarde goleou ao Galicia de Mugardos B na Pedreira. O partido rematou con 0 a 4 a favor do equipo de Sindo Moreira. Na parte de abaixo da táboa o Cariño gañou ao Cebarca por 2 tantos a 1 e o Capela venceu nos Calzados ao Rápido de Neda por 4 a 3.

Deportes