Vótase hoxe a moción do BNG sobre Navantia

Vótase hoxe a moción do BNG sobre Navantia

12 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O PP deixou claro na súa intervención que non vai apoiar a moción da deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, cunha serie de medidas para garantir o futuro dos estaleiros galegos de Navantia. Na súa intervención Rosana Pérez puxo de manifesto que a situación extrema pola que atravesan os estaleiros galegos de Navantia é consecuencia das políticas dos diferentes Gobernos centrais.  Pérez reprochou ao Ministro Montoro a s

“A nefasta xestión de Navantia”

A deputada do BNG pasou a explicar no Pleno algunhas das cuestións de fondo que afectan a Navantia na Ría de Ferrol: “debería haber actuacións políticas intensas para levantar o veto que pesa sobre Navantia Fene para a construción civil. É o único xeito de ter suficiente carga de traballo” e advertiu ao Goberno que “se pode facer porque o Acordo entre a UE e o Goberno español de 2005, recolle que se poden revisar os compromisos se se producen novidades. Acaso a situación laboral de Navantia non é suficiente para revisar dito Acordo?”, preguntou Rosana Pérez.

Rosana Pérez tamén aludiu á situación económica da empresa: “os ingresos de explotación son inferiores aos custes de produción desde hai anos. E se contempla unha forte caída desde o ano 2012, para o que non vale cun simple flotel”. Neste sentido, salientou o feito de que “os únicos centros que obtiveron resultados positivos foron os de Navantia Ferrol, e se houbese carga de traballo os resultados terían sido aínda mellores”.

Rosana Pérez enumerou as medidas que o BNG propón na moción como o de crear Unidades Territoriais cunha Direción única e competencias completas de xestión e responsabilidade propia, facilitar a participación da Xunta no Consello de Administración de Navantia, consolidar a situación financeira da empresa, aprobar unha partida para impulsar a construción do dique flotante, levantar o veto, entre outras propostas.

A deputada do BNG amosou o seu dispór a negociar acordos cos grupos que presentaron emendas e acordar unha transaccional, mais desbotou a emenda do grupo popular por reduccionista e falta de propostas. A moción será votada cando remate o pleno de mañá xoves.

O PP considera que Montoro deixou todo “claro” sobre carga de traballo para Navantia

Propostas que o PP por boca da deputada galega, Tristana Moraleja, rexeitou expresando a “súa estraneza” de que o BNG presentase esta moción despois da resposta do Ministro Montoro á deputada do BNG “cando quedou todo moi claro”. O contrato con Pemex supón entrar en relación coa cuarta empresa petroleira do mundo, indicou este mediodia a deputada do Partido Popular, Tristana Moraleja, no debate dunha moción sobre o sector naval presentada pola deputada do BNG, Rosana Pérez. A parlamentaria reiterou o inicio dun novo buque contra almacén nos estaleiros de Ferrol. Iniciaráse a construción e logo intentaráse vender a outros paises. Se non se logra, quedará para uso da Armada Española, afirmou Moraleja. A deputada indicou que non se da por perdida a construción do dique flotante e insinuou o inmediato contrato do quinto gaseiro. “Somos conscientes de que queda moito por facer pero estamos indo polo bó camiño” manifestou Tristana Moraleja.

 

Sociedade