A V Semana da Poesía Salvaxe chega a Ferrol

A V Semana da Poesía Salvaxe chega a Ferrol

25 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A V Semana da Poesía Salvaxe toma o testigo en Ferrol á Feira do libro que pechaba onte á tarde. Arrincan os novos actos ás 6,30 da tarde no Cantón e continuan, ás 10,30 da noite,  no pub Cazadores, esta vez sen o apoio municipal, pero coa colaboración de asociacións como Fuco Buxán, Lefre de Caldereta ou a Asociación veciñal de Esteiro.

A cita, organizada por Guillermo Ferrandez e Juan Carlos Valle “Karlotti” , reune na cidade a poetas e músicos galegos, españois e portugueses.  O punto culminante da Semana será o venres na Praza de Armas, convertida dende as 6,30 da tarde nun ágora poética, abrindoa á participación da cidadanía.

A Semana da Poesía Salvaxe terá, amáis das Prazas públicas, outros escenarios repartidos pola cidade. Entre eles, os mercados da Magdalena e Recimil; os cines Duplex; os pubs Carteles e Cazadores ou o Centro Cultural Torrente Ballester.

Sociedade