Vai de camiño trae a Redondela a música de Xoan Curiel e Miguel Fernández

Vai de camiño trae a Redondela a música de Xoan Curiel e Miguel Fernández

05 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Os concertos terán lugar mañá venres as 20.30 horas, no auditorio do Multiusos da Xunqueira. O directo de Miguel Fernández componse de versións na súa maioría de temas clásicos das décadas dos 70, 80 e 90 en formato acústico cuns marcados arranxos folk que lle aportan unha nova visión ao repertorio. Así as guitarras e baixo acústicos, acordeón, violín, mandolina, percusións e

O repertorio consta de temas dun amplo espectro de estilos: rock, pop, metal, baladas... Dende Mike Oldfield ata Led Zeppelin, pasando por Bob Dylan, R.E.M., Fleetwood Mac, Bob Marley ou The Cure, todos eles e moitos máis atopan o seu oco nun compendio baseado na variedade e preparado para que chegue con facilidade aos gustos de calquera tipo de espectador. Pola súa banda, Xoán Curiel preséntanos o seu primeiro álbum “Nai” que recolle as súas creacións en lingua galega. Nel comparten espazo as súas letras e músicas cunha marcada influencia dos ritmos étnicos do mundo, así como as poesías de Antía Otero e Gisneide Nunes, as voces de Uxía Senlle e Jara Ortizdisco. “Nai” é fruto dun traballo de tres anos; unha proposta musical madura e “aberta” con influencias de diferentes músicas do mundo en colaboración con cantantes, poetas e outros artistas galegos.

 

 

Cultura