Valiosísimo empate

Valiosísimo empate
26 de Novembro, 2018 - 11:29 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños 1 - 1 Mugardos. O campo do Pote viviu a mellor entrada da temporada na liga da Primeira Galicia de fútbol. Os dous equipos equilibraron as súas forzas, e cun empate chegou o remate do encontro. Adiantaronse os visitantes pero Javi González acertou no minuto 72 e quedou un punto na casa.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Tono Santos

“A entrada de Javi González no segundo tempo cambiou o partido porque empezamos a recuperar balóns en altura e empatamos nunha xogada de estratexia” manifesta o adestrador do Maniños Pablo Mesa. O equipo do Pote ven de enfrontarse aos tres “galos” da categoría (Betanzos, Victoria e Mugardos” e sacou dous puntos. Pero agora empeza a competir cos equipos da súa Liga. Na vindeira xornada visita ao Orillamar da Coruña. “Ese partido pode ser un punto de inflexión, necesitamos gañar porque senón xa nos veremos metidos na pelexa por escapar do descenso” conclue o técnico.

Deportes

Publica o teu comentario agora