Van ir de vivos

Agarimo programa andainas no outono, a San Andrés e a Sillobre
17 de Setembro, 2019 - 11:43 h. | Publicada por Radio Fene

A Sociedade Agarimo pon a andar á parroquia. A Andaina a San Andrés terá tres etapas con metas en Sedes, Porto do Cabo e San Andrés de Teixido.

A Sociedade Agarimo inicia a primeira etapa da súa Andaina de Sillobre a San Andrés de Teixido. Farase en tres etapas. O domingo 22 andarán desde Sillobre a Sedes. Sairán a camiñar ás 8.30h e recolleraos un autobús ao final da etapa.

Unha semana despois, o sabado 28 de setembro, emprenderán a segunda etapa entre Sedes e Porto do Cabo.

E por último, o sabado 5 de outubro, culminan a andaina entre Porto do Cabo e San André, co mesmo horario de saída. A dificultade da ruta é media e o prezo de participación é de 30€ os socios e non socios, 35, que inclúen o avituallamento e o seguro dos participantes. É necesario levar un calzado de montaña, algo reflectante e un chuvasqueiro. As inscripcións recóllense no teléfono 630 589 635 ata o xoves 19 de setembro.

Agarimo non para de camiñar e convoca xa a V Andaina nocturna coa Santa Compaña por Sillobre para o sabado 19 de outubro con saída ás 21.00h do local de Agarimo. As inscripcións fanse no mesmo teléfono ata o 17 de outubro. Andaranse entre 7 e 9 km aproximadamente, cunha dificultade media.

Cultura

Publica o teu comentario agora