Vantaxes e riscos da Internet das Cousas

Vantaxes e riscos da Internet das Cousas
13 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ata un 80% de aforro enerxético, e o conseguinte aforro económico, pode acadar un concello medio galego empregando a chamada Internet das Cousas para ter control sobre toda a rede do alumeado público. Un dato que nos facilitou Iago Valera no espazo Cultura Tecno con motivo da celebración do Día do Internet das Cousas.

ESCOITA O PODCAST:

Os procesos de automatización e control remoto que facilita a interconexión a través de internet de mobiliario urbano, electrodomésticos e vehículos ofrecen aforros e evitan desprazamentos. Facilidades aos particulares, como a programación da calefacción ou do forno da casa desde o móbil, pero, sobre todo, a administracións ou empresas, detallou Iago Varela. “O groso do impacto está en áreas como saúde, ao permitir o seguimento a distancia dos doentes, ou na agricultura, onde é útil para xestión de cultivos, pragas e regos automatizados, ou especialmente na configuración de vilas e cidades intelixentes”.

Iago Varela informou de que, con motivo da celebración do Día da Internet das Cousas, o 9 de abril, o Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia aproveitou para reclamar seguridade para protexer de posibles ataques aos dispositivos da Internet das Cousas, rede colectiva que simplifica a vida e a produción industrial.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora