Varadero, Casablanca, Viñales

Varadero, Casablanca, Viñales
22 de Xaneiro, 2020 - 09:57 h. | Publicada por Radio Fene

O cemiterio de Colón, o antigo barrio de Peixiño en Regla Casablanca, as praias de Varadero ou as magníficas instalacións do Centro Galego serán algúns dos puntos de destino da viaxe da Agrupación Instrutiva de Caamouco á Habana. Conxuntamente coa Cátedra de Lingua e Cultura Galega da Universidade da Habana e coa Federación de Micro sociedades galegas conmemorará en Cuba o Dia das Letras Galegas.

ESCOITA O PODCAST:
Viaxe de Caamouco a Habana. 2019

A Agrupación de Caamouco tamén programa para xuño unha viaxe a Marrakech. Falounos destas iniciativas a directiva da entidade Cristina Cadena. A Marrakech irán en xuño e a Habana en maio. Fíxase un tope de corenta participantes. Xa están cubertas máis da metade. Colabora na viaxe a axencia Organiza de Perlío. O domingo ás 11 da mañá no local da Tenencia realizarase unha reunión con todas as persoas participantes. Reservas no teléfono 606 146787.

Cultura

Publica o teu comentario agora