Variedade e calidade Do Acibreiro

Fabrican pezas de xoiería ou mobles a medida
01 de Outubro, 2020 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

Do Acibreiro é unha empresa que mestura tradición e modernidade en todo o que fai relacionado coa madeira. E todo cun meticuloso acabado e a calidade do traballo ben feito. E témola aquí en Vilar do Colo (Cabanas).

ESCOITA O PODCAST:

Na área industrial de Vilar do Colo encóntrase unha empresa curiosa polos produtos que elabora e pola alta calidade dos mesmos. Do Acibreiro é unha marca adicada á fabricación de artículos de madeira, con diferentes liñas de producción, en ebanistería, artesanía ou a denominada “de control numérico” que ven ser a madeira adaptada á última tecnoloxía. Utilizan madeiras nobres, de castiñeiro ou cerdeira principalmente. Todo o que poidamos imaxinar en madeira, fánno eles. Son os responsables, por exemplo, de toda a moblaxe que utiliza a firma Bico de Xeado nas súas tendas fixas ou móbiles.

“Na liña de ebanistería fabricamos unha gran cantidade de productos, desde mobles a medida, ata unha liña dedicada á hostalaría” explica José Luís Naveiras. Tamén na liña da artesanía ofertan un amplo abano de productos, destacando a fabricación de artículos para traballar a lá de forma artesanal como fusos, cardas, rocas, agullas, etc. Mesmo reparan tornos de fiar.

Do Acibreiro adáptase aos tempos e están a traballar nunha nova liña de productos nos que Naveiras destaca “os receptáculos para os contedores de lixo e reciclaxe, os quioscos de Bico de Xeado (chave en man, integrando todos os servizos) ou calquera transformación de última tecnoloxía para as nosas casas”.

 

(Na imaxe, José Luís Naveiras)

Sociedade

Publica o teu comentario agora