Ven a Fene tamén en 2019

O mago máis popular do país, o Mago Antón, actuará en Fene o 23 de marzo.
11 de Febreiro, 2019 - 12:17 h. | Publicada por Radio Fene

3000 exemplares da Guía de Ocio "Ven a Fene" 2019 distribuiránse por todas as parroquias de Fene. Esta mañá presentárona o Alcalde e o edil de Turismo.

ESCOITA O PODCAST:

A praia de Rio Sandeu serve de portada á Guia de ocio Ven a Fene 2019 que presentaron esta mañá, o alcalde Gumersindo Galego e o concelleiro de Turismo, Juan José Franco. Editáronse 3.000 exemplares a repartir por todo o concello. O primeiro explicou que na guía deste ano inclúense a totalidade das actividades previstas polas sociedades e as que organiza o concello so daquí ao mes de maio porque daquelas hai eleccións e as actividades a partir daí dependerán de quen as gañe. O que si fará o concello son as presentacións dos acontecementos máis relevantes de cada parroquia. Así o dia 23 deste mes presentarase en Barallobre a Festa Mariñeira e o Festival das Ondas.

O 23 de marzo o mago Antón actuará na práctica totalidade das parroquias de Fene, segundo informou Franco, quen anunciou de xeito inmediato a sesión vermu que este sabado 16 levará a San Valentín aos Bich Boys, coa colaboración de Os Centolos, no CPS de San Valentín. Interpretarán música dos 70 e 80. E o luns 18 inaugúrase unha exposición de pintura de Ana Basoa.

No mes de abril faranse a maioria das presentacións: Lavandeiras, ruta Indiana, a Festa da Orella, A Xuntanza de Palilleiras e a ruta das fontes. Un concerto en Perlío con grupos de Fene racha a rutina. “Unha programación da que sentirse moi orgullosos” sentención o edil de Turismo.

Pola súa parte o alcalde, quixo dar relevancia especial á Festa do Antroido que, segundo anunciou, vai homenaxear este ano a Juan “o negro, falecido hai uns meses,  por expresa petición da agrupación O Tadetas da que formaba parte e pola súa querencia especial pola festa do carnaval. Este ano a festa disporá de novo dunha segunda carpa na avenida do Concello que acollerá o martes de Antroido a actuación de Os Zares e o mércores de Cinza a da orquestra Olimpus. O alcalde agradeceu ás sociedades a súa entrega na organización das actividades e mesmo a autofinanciación de moitas delas.

Institucional

Publica o teu comentario agora