Vento de cola

Vento de cola
04 de Marzo, 2019 - 10:17 h. | Publicada por Radio Fene

O forte vento marcou o partido de fútbol da Segunda Galicia entre o Narahío e o Perlío. Ata o minuto 64 non se moveu o marcador. Nese momento acertou Pocho e logo viñeron os goles de Xabi Rioboo, Dani Varela e Diego Calvo por partida doble. "Expulsaron a un xogador do equipo local e desfondaronse" explica o adestrador Chechu Piñeiro. Narahío 0 - 5 Perlío.

ESCOITA O PODCAST:
Narahio 0 - 5 Perlío

"Soplaba moito o vento e o campo é reducido e irregular" indica Piñeiro que tamén engade: "Estábamos sendo superiores pero en todo o primeiro tempo co vento en contra non fomos quen de marcar ata a segunda metade que xa tivemos o vento de cola". O Perlío continúa encabezando a clasificación pero o segundo -o Valdoviño- non perdoa. Quedan oito partidos para o remate da liga, unha competición que está a ser moi igualada.

Deportes

Publica o teu comentario agora