Vento de cola

Vento de cola
02 de Setembro, 2019 - 12:56 h. | Publicada por Radio Fene

O vento xogou a favor da S.D.Barallobre. Clasificouse o equipo do Ramo por penaltys despois de empatar a dous tantos co Vilarmaior, na primeira eliminatoria da Copa da ría de fútbol afeccionado.

ESCOITA O PODCAST:
S.D.Barallobre. Tempada 2019-2020

Chegouse aos últimos minutos do partido e o Barallobre ia perdendo un a dous. Nun balón longo escapouselle o esférico ao porteiro. Estivo atento Rubén e o gardameta tivo que cometer falta dentro da área. Igualou o Barallobre e a eliminatoria decidiuse por penaltys. A próxima eliminatoria de Copa, Barallobre – Galicia de Mugardos. No campo do Ramo o un de novembro. O Mesón A Pomba patrocina esta tempada a equipación do equipo de fútbol da Segunda Galicia da S.D.Barallobre.

Deportes

Publica o teu comentario agora