Verán activo para os máis pequenos en Cabanas

Verán activo para os máis pequenos en Cabanas

06 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O vindeiro venres dez de xullo remata en Cabanas o prazo para a inscripción nas actividades de verán que o concello organiza para os máis pequenos. As actividades comezarán o luns trece de xullo.

Un verán máis os nenos de Cabanas poderán desfrutar das actividades de verán que o concello pon á súa disposición. As dúas principais actividades son a ludoteca, dirixida a nenos de entre tres e sete anos, e o campamento de verán, destinado a rapaces de idades comprendidas entre os sete e os trece anos. Estas actividades terán lugar no pabillón polideportivo de San Martiño desde o trece de xullo ata o catorce de agosto, cun horario de dez e media a unha e media da tarde. Tamén para os rapaces de entre sete e trece anos, ponse a disposición un curso de informática na Escola Laica de Cabanas. Este curso terá lugar os luns, mércores e venres de dez a once e media da mañá ou de once e media a unha e media da tarde. O prazo de inscripción en calquera destas actividades remata este venres dez de xullo.

Sociedade