Verdades escondidas na ficción

Verdades escondidas na ficción
09 de Xullo, 2020 - 10:20 h. | Publicada por Radio Fene

"La vida tangencial" é a sexta novela do ferrolán Manuel José Díaz Vázquez. Forma parte dunha saga que empezou hai sete anos. Comentámola no Club de lectura.

ESCOITA O PODCAST:

“La vida tangencial” é o sexto libro do autor ferrolán Manuel José Díaz Vázquez que estudou filosofía e se confesa admirador de Cervantes e Valle Inclán. Tamén gosta dos novelistas rusos. Desde “Ás vacas da señora Helena non lles gusta o pemento picante” aparecido en 2012 ata “La vida tangencial” - decembro de 2019- todos os seus libros gardan unha íntima relación entre sí. Son como unha saga, como a vida imaxinaria do autor, quen afirma “ Son unha mestura de veracidade e invención. Algunhas cousas son verdades escondidas na ficción, na literatura”. Aínda que a ironía e o humor están presentes en todas elas, Díaz Vázquez concibe escribir cousas serias e recoñece que “o xeito de narrar ás veces pesa máis que a propia historia”. Intercala personaxes reais e, sen nomeala, Ferrol é o epicentro de todo. 

No medio literario aínda se discrimina entre cosmopolita e provinciano ou costumbrista (a dicotomía centro / periferia) pero o autor ferrolán está por riba diso declarando que “o importante é como se conta unha historia, non o lugar no que transcorre”. En “La vida tangencial” o protagonista soña con ser escritor. Díaz Vázquez escribe a golpe de imaxinación. “Parto dunha ou dúas ideas que non sei onde van ir parar”. Nesta última obra, esas ideas orixinais son un partido de fútbol e un faiado. Escribe nas dúas línguas, español e galego, e recoñece que vende máis en castelán.

Manuel José Díaz Vázquez foi o convidado esta semana no Club de lectura de Radio Fene- Radiofusión que contou coa concurrencia dos lectores Esther Val, Andrés C.M. Riberia e Henrique Sanfiz.

Cultura

Publica o teu comentario agora