Verdegaia recoñece co premio Semente os traballos a prol da soberanía alimentar

Verdegaia recoñece co premio Semente os traballos a prol da soberanía alimentar

23 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Verdegaia decidiu recoñecer, co seu premio Semente, ás persoas e colectivos que traballan a prol da soberanía alimentar e sinalar negativamente, co Cemento, as empresas e institucións que se atopan detrás dos proxectos de fumigación dos montes. Os Semente-Cemento son galardóns outorgados pola base asociativa deste colectivo ecoloxista para destacar as actuacións que consideran máis relevantes do ano en relaci&oacut

Ante a imposibilidade de premiar todas as actuacións relacionadas coa soberanía alimentar, Verdegaia decidiu escoller unha serie de persoas e colectivos que consideran “representativos dun modo de facer as cousas que debería ser un eixo básico para afrontarmos o verdadeiro reto da sostibilidade”. O galardón Semente recae así en dúas mulleres labregas, Mª Carmen Pazos Rabuñal de Rois e Mª Dolores Lea Santiso, que “simbolizan co seu traballo a conexión entre a nosa tradición e a práctica da soberanía alimentar e o papel central que a muller ten xogado dende sempre no coidado da terra e da nosa alimentación”. Esta elección foi consensuada co Sindicato Labrego Galego, organización coa que Verdegaia colabora en numerosas iniciativas e que ten unha activa presenza dentro da Vía Campesiña.

Xunto a elas, recoñecen o papel doutras iniciativas cun carácter máis colectivo e que pulan, dende diferentes perspectivas e problemáticas, da soberanía alimentar: a Fundación Galiza Verde, a Rede de Sementes, a Cooperativa Rainha Lupa de Quilmas e a Asociación Galega de Horticultura Urbana, así como as persoas que puxeron en marcha a horta comunitaria do Barrio do Cura, en Vigo. Ademais, singularmente, nesta ocasión quixeron homenaxear cun premio Semente especial a Xosé Reigosa, socio fundador de Salvemos Monteferro, falecido no pasado mes de febreiro.

O Cemento, explican desde Verdegaia, derrámase sobre as empresas e institucións vinculadas ao pesticida Cascade e aos intereses da industria da pasta de papel. Entre elas, sinalan a Aspapel, ENCE, Xunta de Galicia, Mesa da Madeira, Subdirección Xeral de Recursos Forestais, Asociación Forestal de Galicia, PROMAFOZ, Ecología y Espacio s.l., Fitoaragón s.l., Estación Fitosanitaria do Areeiro e BASF.

Sociedade