Veterinarios e Fabricantes de alimentos para animais apoian a mobilización de mañá en Madrid

Veterinarios e Fabricantes de alimentos para animais apoian a mobilización de mañá en Madrid

15 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os sectores veterinario e Fabricante de Alimentos para Compostos de Animais apoiarán a mobilización de mañá en Madrid. Especialmente implicados estarán os primeiros, que decidiron, por acordo asambleario do seu colectivo, pechar as portas dos seus negocios e desprazarse, xunto cos 5.000 gandeiros galegos, á capital de España para protestar pola grave crise que está a

O devandito colectivo, que engloba a 210 establecementos comerciais en toda Galicia e da emprego a máis de 2.000 persoas, decidiu apoiar aos gandeiros na defensa dos seus intereses, contribuíndo a sufragar os gastos dos autobuses para o traslado a Madrid. Ademais, acordaron facer un chamamento a todos os comercios e industrias do rural para que fagan outro tanto, pechen as súas portas e se sumen á protesta “como un acto de estrita xustiza”.

Pola súa banda, a Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compuestos para Animales (AGAFAC) e a Asociación Empresarial de Distribuidores e Comercializadores Detallistas de Productos Zoosanitarios (AZOFIGA) enviaron escritos de solidariedade cos gandeiros ás organizacións convocantes da manifestación. O director de AGAFAC, Bruno Beade, expresou o apoio da súa asociación diante da “catastrófica situación do sector de vacún de leite” e ofreceu a súa colaboración na busca de solucións á crise, ao tempo que anuncia que se dirixirán ás institucións públicas e ás industrias para solicitar medidas urxentes. AZOFIGA, por boca de Modesto Agromartín, sinalou que a súa asociación apoia, sen reservas, todas as medidas de presión que adopten as organizacións agrarias, especialmente a manifestación convocada para mañá.

Sociedade