A viúva do entroido dá exemplo

A viúva do entroido dá exemplo
16 de Febreiro, 2021 - 11:58 h. | Publicada por Radio Fene

A viúva do entroido de Fene, personaxe inseparable da festa, pasa o loito en privado, dando exemplo na situación sanitaria pola que atravesamos.

ESCOITA O PODCAST:
A viuva e o Entroido de Fene. 2012

O entroido do 2021 é virtual. Os desfiles, queimas de entroido e fogos artificias quedaron conxelados en Fene ata o próximo ano por estas datas. Podemos virtualmente seguir o entroido no espazo aberto polo concello para suplir a festa carnal. Iso si, mañá Mércores de Cinza (festivo local) non podemos perder a “Lectura do testamento” que ofrecerá a través da rede o actor e contacontos, Quico Cadaval. 
Preguntámonos que pasa coa viúva que cada ano desfila polas rúas de Fene desconsolada detrás do Antón e que non se separa do cadaleito ata que se procede á súa incineración no río Cádavo. Ela mesma nos fala de prudencia e de sensatez, a que a leva a non facer este ano grandes dramas pola perda do seu defunto.  “O primeiro é a saúde” afirmou en Radio Fene. Xa haberá tempo de gozar da viudedade. Polo de pronto, pensando está xa na romaría de Santa Ana.

Cultura

Publica o teu comentario agora