Viaxando á Costa da Morte

Viaxando á Costa da Morte

10 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes organiza unha excursión dirixida á terceira idade do municipio. Nesta ocasión a visita realizarase á Costa da Morte o vindeiro 19 de febreiro. A excursión inclúe a visita aos municipios de Muros, Carnota e Fisterra e no prezo tamén se incluirá o transporte, a comida e o seguro da viaxe. O cuiste por persoa é de 24 euros.

Todos aqueles que estean interesados en participar deberán anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ordes ata o vindeiro día 16 de febreiro. O concelleiro de Servizos Sociais e Terceira Idade, José Manuel Tobío, animou aos maiores do municipio a que sexan partícipes desta iniciativa posta en marcha polo seu departamento.

Sociedade