Viaxando de Girona a Fene

Amauta Castro recibe o XXXI Premio Pérez Parallé de poesía
16 de Novembro, 2018 - 11:19 h. | Publicada por Radio Fene

Amauta Castro falou en Radio Fene da obra gañadora " A tarde. O desacougo" como un todo que reúne catro partes. Catro poemarios nun, nos que reflexiona sobre a incerteza, a propia poesía, a familia e a destrucción persoal.

ESCOITA O PODCAST:

Teatro e Magosto ofrécenos o CMI Unidade de Fene este venres. O grupo Teruca Bouza do Seixo, dirixido por Eugenia Sanmartín, pon en escea dúas pezas curtas: "O seguinte" e "Mañanciñas de sol", ás oito da tarde. Tras a representación celebraráse o magosto. Este sábado 17 tamén ás oito o CMI Unidade de Fene entrega o Premio de Poesía Pérez Parallé a Rafael Muñoz Castro que presentou, baixo o pseudónimo de Amauta Castro, o poemario "A tarde. O desacougo". Un poemario que se divide en catro partes, segundo o autor, a que demos os parabéns e con quen conversamos uns minutos.

Con dificultades pola premura, viaxa de Girona a Fene para recoller o premio. Baixo o nome literario de Amauta Castro está o poeta e traductor, Rafael Muñoz Castro, nacido en 1981. El é o gañador da 31 edición do Premio de poesía Perez Parallé do CMI Unidade de Fene co poemario "A tarde. O desacougo" O xurado escolleuno entre 34 obras presentadas ao certame. No xurado estiveron Manuel Forcadela, Berta Dávila e Miriam Ferradáns. O gañador é fillo de galega e andaluz, naceu en Euskadi por accidente pero criouse en Vigo. Reside na actualidade en Girona por razóns de traballo. O premio, outorgado polo concello de Fene, está dotado con 1000 euros en metálico e a publicación do poemario na editorial Espiral Maior. Recíbeo mañá no CMI Unidade de Fene, nun acto que comenza ás oito da tarde.

Cultura

Publica o teu comentario agora