Viaxe á infancia

Viaxe á infancia
09 de Novembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“A gruta da Torre”. Rematou o curso e Lois gozará un ano máis das vacacións de verán coa familia en Ribadeo. Alí compartirá vivencias cos amigos de sempre, Quique, Greta... e unha rapaza nova. A amizade, os primeiros amores, os libros…conforman o seu mundo e a cuadrilla vivirá unha gran aventura na novela de Lois Pérez gañadora do V Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade, da que falou no clube de leitura de Radio Fene

Fotografía: Xan Xe

A icónica torre dos Moreno ten protagonismo nesta novela, igual que a gruta e Ribadeo enteiro, escenarios da infancia do autor, que tamén acaba de gañar o premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil que concede a Deputación da Coruña, coa obra “A tribo do mar”. Para o autor, os premios literarios “son unha vía, unha axuda no comezo, pero non é o único camiño, hai moita xente moi boa que nunca conseguiu un premio”. O escritor declarase contrario ao uso da literatura como medio didáctico ou de adoutrinamento. “Hai que primar o literario, o didactismo fai mal e a literatura acaba por resentirse”, opina un escritor que non tivo necesidade ningunha de documentarse para crear a  Quirina, rapaza xitana que é unha das protagonistas. 

Na imaxe Lois Pérez en Radio Fene

Fotografía Xan Xe

 

Cultura

Publica o teu comentario agora