A viaxe do cabaliño de mar, un traballo de Sex en Ferrol

A viaxe do cabaliño de mar, un traballo de Sex en Ferrol

08 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un cabaliño de mar viaxa desde as Rias Baixas ata a costa de Ferrol. Visita as praias situadas entre Cedeira e Pontedeume e alí conversa cos peixes e animais que atopa. Trasládalles a necesidade de coidar o medio ambiente. Esa é a trama de “A viaxe do cabaliño de mar”, un traballo colaborativo no que participaron a humorista Maria Xosé Mosquera “Sex”, o profesorado e o alumnado do Colexio das Mercedarias de Ferrol. Editorial Embora publicar&a

O alumnado das Mercedarias colabora na publicación cos debuxos dos fondos mariños, os peixes e a escritura dos diálogos, o profesorado realizou as fotografias, mentras que Sex criou e debuxou os persoaxes. “En Mugardos, Bestarruza, en Ares Chanteiro Estacas, por alí viaxaba unha raia, facendo inspección de praias”. Ese é un dos textos en verso deste libro que se publicará entre os meses de marzo e abril, segundo as previsións da autora.

Sociedade