A viaxe pola xeografía paralela de Antonio Reigosa

A viaxe pola xeografía paralela de Antonio Reigosa

27 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Un percorrido pola Galicia invisible. Esto é o que nos propón Antonio Reigosa na “Guía ilustrada da Galicia invisible”. Unha viaxe por lugares imaxinados como illas, covas, pazos ou camiños e por personaxes inexistentes na realidade pero que teñen cabida na nosa xeografía grazas ao maxín.

A obra de Reigosa constitúe unha guía práctica para coñecer un cento destes lugares dos que 35 veñen ilustrados a dobre páxina por Noemí López. Os restantes amosan referenzas das lendas ás que aluden. Reigosa traballou á par con Noemí López quen lle aportou, cos seus bocetos, unha nova perspectiva dos textos.

Antonio Reigosa leva anos pescudando na mitoloxía e literatura de tradición oral de Galicia. Como resultado deste traballo xurden estes cen lugares unidos por un punto común, a desaparición dun sitio por unha maldición. “Maldades provocadas por personaxes revelantes do cristianismo cos que castigan aos ateos e incrédulos". Unha maldición bíblica que se repite ao longo da guía, explicou o autor en Radiofusión.

Quedan moitos lugares aínda por visibilizar que Reigosa quere plasmar nunha segunda guía práctica. “É como abrir unha espita coa que se abre outro mundo para descubrir porque se transmitiron esas historias”, describiu o autor. 

Cultura