As viaxes de Ramona Álvarez en Tatuaje

As viaxes de Ramona Álvarez en Tatuaje

23 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Licenciado en Historia polas Universidades de Oviedo e Santiago, traballou na investigación, despois deseñando e facendo xardíns e, na actualidade, é profesor de ioga. Agora, Fernando Pubul, publica a súa primeira novela. Vén de presentala na súa terra natal, en Ares. Ata as Alianzas Aresanas desprazáronse moitos amigos do autor para dar a coñecer en sociedade "Tatuaje", que así é como se titula a &oacut

En "Tatuaje", Ramona Álvarez, busca ao amor da sua vida, de porto en porto, por todo o mundo. Ramona é unha muller forte, que ten o don de facer amigos  alá onde vai. Na súa fascinante viaxe convértese en moitas mulleres e coñece a todo tipo de xente, facendo grandes amizades e vivindo grandes amores que marchan, sempre coa axuda do destino. Pero ¿poderá Ramona atopar ó home da sua vida, despois de tantas aventuras impresionantes?

Tatuaje publícase na colección de viaxes da editorial portuguesa Chiado. A de Fernando Pubul é a primeira novela no mercado español para esta editorial. Dende o mes de setembro poderáse adquirir nas librerías.  

E no futuro poderiamos ver algún outro título do aresán tataraneto de cataláns afincados na vila coruñesa. Porque algo ten escrito. Quizás unha novela negra por entregas protagonizada pola unha cabo da Garda Civil cuxa acción desenvólvese no concello de Fene.  

Sociedade