Vicente Pena Terrasa xa ten digna sepultura

Os restos do guerrilleiro fiel á República descansan no cemiterio municipal de Narón.
19 de Outubro, 2018 - 10:26 h. | Publicada por Radio Fene

Nun sinxelo e emotivo acto civil no cemiterio municipal de Narón, Vicente Pena Terrasa- Condestable da Armada e membro do Exército Guerrilleiro de Galicia- recibiu digna sepultura e homenaxe da súa familia, acompañado de numerosas persoas.

Nun sinxelo e emotivo acto civil no cemiterio municipal de Narón, Vicente Pena Terrasa- Condestable da Armada e membro do Exército Guerrilleiro de Galicia- recibiu digna sepultura e homenaxe da súa familia, acompañada de numerosas persoas, Asociacións e Entidades. Vicente Pena, “Pedro Borrás”, ao non secundar o golpe militar de xullo de 1936, pola súa lealdade republicana, sufriu prisión no “Plus Ultra”, foi obrigado a combater na mariña franquista. No ano 1946, ao descubrirse a súa militancia no PCE, incorporouse á guerrilla. Sería abatido dous anos despois e enterrado, xunto cunha compañeira e dous compañeiros, nunha fosa común á beira do cemiterio de Páramos onde foi exhumado recentemente pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

A Asociación Memoria Histórica Democrática agradece á súa filla Antía e aos seus netos, a invitación a participar nesta cerimonia civil que pecha unha longa historia de sofrimento e inicia unha etapa de recoñecemento a quenes – como él - dedicaron a súa vida, "con enorme dignidade e sacrificio, á loita pola xustiza, a igualdade e o progreso social". A súa lembranza, escrita pola súa filla Antía, está recollida en «Retallos dá Memoria» publicada pola Asociación no 2007, e pódese ler na seguinte ligazón: https://archive.org/stream/retallos-memoria-1/retallos_01_08_antia_pena_...

Sociedade

Publica o teu comentario agora