Vichelocrego e Tortoni gañaron o Certame de Tapas de Fene

Vichelocrego e Tortoni gañaron o Certame de Tapas de Fene

22 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O espazo Vichelocrego coa tapa “Que si, que non” e o Restaurante Tortoni coa “barquiña de polbo” alzáronse cos premios do VI Certame de Tapas organizado polo Concello de Fene no pasado mes de maio. Vichelocrego alzouse cos premios nas categorias de tapa popular e tradicional, mentras que o Tortoni gañou a tapa creativa. Tamén recibiron premios o Bar A Parada, a cafetería Lembranza, o CPS de San Valentín, local social de Magalofes, Pachamam&aa

p { margin-bottom: 0.21cm; }

O alcalde de Fene Gumersindo Galego presidiu a entrega de diplomas e o sorteo de agasallos entre os clientes que achegaron tarxetas. Tamén adiantou a súa vontade de recibir suxerencias e propostas dos hosteleiros para mellorar o certame en vindeiras edicións.

165 persoas completaron as Fenerrutas o que quere dicir que visitaron os 27 establecementos participantes no concurso e probaron as súas tapas. Ademais recolleronse unh total de 12.312 tarxetas de clientes, o que constitue un record nas seis edicións do certame.

Sociedade