Vida Gallega e Maruxa, primeiros textos de Carvalho Calero

Vida Gallega e Maruxa, primeiros textos de Carvalho Calero

25 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As colaboracións nas revistas Vida Gallega e Maruxa foron os primeiros textos publicados por Ricardo Carvalho Calero, segundo indicaba o escritor ferrolán en 1989. O catedrático de lingua e literatura galega morreu o 25 de marzo de 1990. Cúmprense hoxe os 19 anos do seu pasamento.

Cinco duros pagávamos de aluguer,

Era un terceiro andar, bem folgado.

Pola parte de atrás dava ao Campinho,

E por diante á rúa de San Francisco.

 

 

Comeza así o poema “Ferrol, 1916” incluido no libro Futuro Condicional de Carvalho Calero.  Lembrando ao ilustre polígrafo a Fundación Artabria realiza esta tarde un acto na Rúa San Francisco de Ferrol. O profesor da Escola de Idiomas Mauricio Castro, glosará a súa figura e demandará que se lle adique o Dia das Letras Galegas do 2010 coincidindo co centenario do seu nacemento.

 

 

 

Cultura