A vida segue igual

A vida segue igual
20 de Abril, 2020 - 02:17 h. | Publicada por Radio Fene

O programa Máis Memoria dos Servizos Sociais de Fene pretende manter a mente activa e exercitala. Radio Fene e os Servizos Sociais municipais de Fene colaboran convertindo o programa nun espazo radiofónico, os luns e mércores ás 12 da mañá.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita aquí o programa desta mañá.

http://173.255.131.18/audio/200420MEMORIA.mp3

O programa Máis Memoria dos Servizos Sociais de Fene pretende manter a mente activa e exercitala. O Covid19 impídelles facelo presencialmente por iso os luns e mércores ás 12 da mañá, as persoas inscritas neste programa poden participar a través da radio municipal, chamando ao teléfono 981 492773 de Radio Fene ou poñéndose en contacto co Centro de Servizos Sociais de Fene. Na páxina web municipal fenecidadan.net cólganse as actividades de cada semana. Hoxe estiveron con nós, a coordinadora Mª Xosé Paz, o monitor do obradoiro, Fernando Bermúdez, e participaron nas actividades, Tuni e Ignacio. Ela adivinando as canción propostas e el o texto elexido para a ocasión.  Quedou proposto un reto para facer na casa. Chámase “As noxas táctiles” e consiste en meter cinco obxectos pequenos dentro dunha bolsa opaca. O xogo consiste en meter a man, sen ver nada, e adiviñar de qué obxectos se trata.

O mércores ás 12 seguiremos contando historias do pasado, relacionadas coa evolución dos transportes. Historias que lembran os nosos convidados. Se o público quere participar, non teñen máis que poñerse en contacto cos Servizos Sociais municipais e apuntarse na lista.

Sociedade

Publica o teu comentario agora