Videos, podcast e regueifas

Videos, podcast e regueifas
12 de Abril, 2020 - 04:31 h. | Publicada por Radio Neria

Un premio de 1000 euros ao mellor traballo presentado.

O confinamento pode permitir elaborar un guión e reallizar a gravación para presentarse ao Certame de videos, podcast e regueifas convocado pola Asociación de Medios en Galego. O traballo non debe superar os 4 minutos de duración e poden presentarse persoas individuais de entre 12 e 30 anos e tamén aulas de ESO, Bacherelato e ciclos formativos. Serán traballos nos que se relacione a lingua galega e os medios de comunicación. Valorarase a utilización do humor, calidade técnica e lingüística, poder de persuasión, claridade expositiva e creatividade.

Dia dos Medios en Galego. Carballo 2020

Ademáis dos 1000 euros en metálico tamén haberá outros galardóns como un dia de rodaxe coa produtora Vaca films, unha tablet valorada en 300 euros, un móbil de última xeneración e unha cámara de gravación con micrófono.

 

Os traballos enviaranse por correo electrónico a mediosengalego@gmail.com  

O prazo de presentación de traballos finaliza o 30 de setembro. 

Bases completas do certame:

https://mediosengalego.gal/bases-certame-de-videos-podcast-e-regueifas/ 

Cultura

Publica o teu comentario agora