Videoxogos para a reflexión

Videoxogos para a reflexión
20 de Xuño, 2022 - 11:52 h. | Publicada por Radio Fene

Os terrores nocturnos cobran vida na última obra de Paula Carballeira. Dentes de coello é o título do novo libro da escritora fenesa galardoado co IV Premio Laudamuco de Textos Teatrais. 

 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe Corral

A través dunha misteriosa viaxe polo monte, Paula Carballeira propón unha reflexión sobre a nosa sociedade, en relación cun tema de importancia para a mocidade: os videoxogos. Da mestura interxeneracional, dos medos transmitidos a través dos contos e de toda a realidade que envolve Dentes de Coello conversaremos este xoves coa propia Paula Carballeira no Club de Lectura de Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora