Vigo conmemora a guerra do francés

Vigo conmemora a guerra do francés

28 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O vindeiro 28 de marzo celébrase o centenario da Reconquista de Vigo diante das tropas de Napoleon. Ese dia escenificaráse no caso vello da cidade unha representación da derrota do exercito francés. Xa o 12 de marzo comezará na cidade olívica un Congreso histórico sobre a denominada guerra do francés.

O turismo histórico é un dos valores que pretende vender Vigo, o primeiro destino urbano da Península Ibérica que non é capital provincial nen autonómica. O turismo de congresos, naútico e cultural serán algunhas das liñas de promoción da cidade olívica, segundo explica o tenente de alcalde Santiago Dominguez .

 

 

O Plan de competitividade de Vigo 2009 - 2012, quere fixar os obxectivos turísticos da cidade e planificar os recursos necesarios dunha cidade situada a tres cuartos de hora de Santiago de Compostela. Pretenden aproveitar tamén o tradicional polo de atracción que representa Vigo no Norde de Portugal. Este ano débese pelexar por manter o número de visitantes, pero no Xacobeo 2010 toda Galicia,  ten que beneficiarse da afluencia turística.

 

 

 

 

 


 

Sociedade