Vigo Nau inaugúrase o xoves co obxectivo de reunir a 80.000 amantes da náutica

Vigo Nau inaugúrase o xoves co obxectivo de reunir a 80.000 amantes da náutica

03 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A náutica converteuse nos últimos anos nun sector importante da economía galega, tal e como demostran os máis de 300 millóns anuais que move anualmente este negocio ou as 10.00 prazas de amarre que existen na nosa comunidade. Non obstante, esta actividade non é allea a crise e no último ano reduciuse nun 18% o número de matriculacións. Precisamente para funcionar como revulsivo ante a actual con

Vigo Nau celébrase do xoves ao domingo en dous escenarios: o Instituto Feiral de Vigo e o peirao de A Laxe. No recinto pechado daranse cita máis de 60 expositores, que representan a máis de 200 firmas comerciais, mentres que no porto de Vigo organizaranse as máis diversas actividades ao aire libre.

O programa da cita inclúe bautismos de mar, visitas á goleta Giralda, exhibicións de modelismo naval, paseos pola ría ou unha exposición de fotografía subacuática. Tamén están previstas varias presentacións, como as do 48º Congreso de Enxeñería Naval ou da Asociación de Navegantes de Recreo (ANAVRE).

A organización agarda, cando menos, igualar as cifras de visitantes da pasada edición, na que preto de 80.000 persoas pasaron polo Salón da Mar e a Náutica de Galicia.

Sociedade