Vikingos á vista

Limodre vivirá un novo Asalto Vikingo o último sábado de xullo.
19 de Xullo, 2019 - 11:56 h. | Publicada por Radio Fene

Malditos Pendejos póñense viquingos e actúan o sabado 27 de xullo despois do Asalto de Limodre.

ESCOITA O PODCAST:

Os vikingos de Río Castro están preparados para asaltar Rio Sandeu. 400 persoas xa se inscribiron na churrascada que segue ao asalto. A festa cumpre 14 anos cunha novidade. Repartiranse camisetas vermellas e negras para que a rivalidade dunha e doutra cor lle dea máis brío ao asalto e desembarco en Rio Sandeu. Os barcos e artiluxos flotantes sairán da praia de Almieiras ás seis da tarde en dirección a Rio Sandeu. Na batalla a auga cobra protagonismo. Unha festa da escuma agarda aos participantes, así como uns bolos preñados e unha cervexa. Alí permanecen ata aproximadamente as 20,30h e xa baixo a carpa instalada en Rio Castro, xantarán churrasco. Segundo palabras de Jose Miragaya, alma pater do asalto vikingo, de momento están apuntadas 400 persoas que por 20 euros teñen dereito á camisola, a cea e o que se sirva na praia. Queda aínda unha semana para as inscripcións no Bar O Emigrante de Limodre. Este ano a música que soará no asalto vikingo de Limodre será a do grupo Pasión e a de Malditos Pendejos (Na imaxe)

Sociedade

Publica o teu comentario agora