Viladecans - Universitario, primeiro partido da fase de ascenso á Liga Feminina

Viladecans - Universitario, primeiro partido da fase de ascenso á Liga Feminina

06 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Hochland Viladecans será o primeiro rival do Universitario Ferrol na fase de ascenso á Liga Feminina de baloncesto. Os dous conxuntos enfrontaránse o xoves 14 de maio no pavillón municipal de Badajoz. O venres as ferroláns xogarán co Arranz Jopisa Burgos, e o sábado co Obenasa Navarra.

Este mércores 6 de maio tivo lugar na sé da FEB o sorteo do calendario e os horarios da Fase de Ascenso a Liga Feminina, que reunirá do 14 ao 17 de maio en Badajoz aos oito mellores equipos da Liga Regular da Liga Feminina 2. A competición enfrontará aos catro primeiros clasficados de cada un dos grupos da Liga Feminina 2 (A e B) nunha liga a unha soa volta. Os dous primeiros clasificados de cada grupo accederán ás semifinais, onde os dous equipos ganadores obterán o ascenso á Liga Feminina.
GRUPO "A"

1ª Xornada: Xoves 14 de maio
18:00 ARRANZ JOPISA BURGOS - UNB OBENASA NAVARRA
20:00 HOCHLAND VILADECANS - UNIVERSITARIO DE FERROL

2ª Xornada venres 15 de maio
18:00 ARRANZ JOPISA BURGOS - UNIVERSITARIO DE FERROL
20:00 UNB OBENASA NAVARRA - HOCHLAND VILADECANS

3ª Xornada sábado 16 de maio
18:00 HOCHLAND VILADECANS - ARRANZ JOPISA BURGOS
20:00 UNIVERSITARIO DE FERROL - UNB OBENASA NAVARRA

Deportes