Vilagarcía estrea Punto de Información LGTB

Vilagarcía estrea Punto de Información LGTB

11 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O grupo LGTB 7 CORES  felicita ao concello de Vilagarcia pola posta en marcha do punto de información municipal LGTB. Sinalan que deste xeito o PSdeG fai realidade o compromiso coas políticas de igualdade para as persoas LGTB. Con este son tres os servizos de información e atención ao colectivo LGTB que funcionan en Galicia, e en todos eles goberna o Partido dos Socialistas de Galicia. Vilagarcía súmase así a Lugo e Coru&nt

O Punto de Información Municipal LGTB de Vilagarcía funciona os xoves de 9:00 a 13:30 na concellaría da Muller. Lembran que poderá pedirse información sobre este servizo a través do correo pim.lgtb@vilagarcia.es. e tamén no teléfono 986 099 200 ext.107 ou 109. Existen folletos informativos que serán repartidos polos centros educativos da cidade, centros de Xuventudes, centros culturais e asociacións.

O servizo trata de axudar a todas aquelas persoas que se acheguen en busca de orientación, e denunciar de casos de homofobia, mobbing ou calquera tipo de problema relacionado coa súa persoa e en relación a cuestións que afecten á súa “ser” LGTB. Ademais presta servizo aos familiares de poboación LGTB que busquen recursos, expor dificultades ou inseguridades en relación ás súas fill@s ou familiares. Tamén realiza actividades de divulgación de valores non homófobos e actitudes non discriminatorias a persoas LGTB.

Sociedade