Vilalba acolle unha exposición sobre o cambio climático ata o 30 de maio

Vilalba acolle unha exposición sobre o cambio climático ata o 30 de maio

20 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O vindeiro Luns 24 de maio dará comezo, contra as 18:00 horas, no auditorio Carmen Estévez de Vilalba, a exposición “O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”. O Concello programou esta mostra como parte da próxima celebración do Día Mundial do Medio Ambiente e estará aberta o público ata o vindeiro domingo 30 de maio polas mañas de 11:00h a 14:00h e polas tardes de 18:00h a 21:00h.

Con esta exposición preténdese dar a coñecer a todos os galegos o actual problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e autonómico. Ademais, tentará estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.

Cultura