Vilalba acollerá os mellores monólogos durante o vindeiro mes

Vilalba acollerá os mellores monólogos durante o vindeiro mes

17 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O primeiro en pasar pola capital da chaira será Rober Bodegas coa súa función “Y un condón por si pillo”, o vindeiro sábado 20 de marzo. O actor e presentador de televisión carballés fai unha narración do seu espertar sexual  e cómo, gracias á intervención de personaxes como Lorena Verdún, John Lennon ou Bruce Lee, conseguiu dar o paso de pequeno a home. O prezo da entrada será de 5 euros.

 

Unha semana despois, o 27 de marzo, chegará ao Carmen Estévez o vigués Miguel Lago. Con “Los niños están gordos” o actor protagonista de “Curso del 63” presenta, durante 90 minutos, unha sátira en clave de humor na que os vilalbeses poderán ver a súa ollada particular de cuestións tan diversas como as avoas, os xeados ou a comida que lle damos aos nosos rapaces. A entrada deberá mercarse por anticipado a un prezo de 5 euros.

 

Por último, o polifacético Luis Piedrahita presenta o seu show “¿Por qué los mayores construyen columpios siempre encima de un charco?” o domingo 11 de abril. O cómico, mago e director de cine coruñés conta, baixo a súa óptica surrealista, a historia dunha viaxe, a vida, fixándose neses pequenos detalles aos que niguén lle presta atención. Desde as rodas das maletas ata as pegatinas das mandarinas, as cousas mais pequenas se transforman nas protagonistas dos monólogos mais grandes. A entrada custará 7 euros en venda anticipada e 9 en taquilla.

 

O horario de comezo das actuacións será ás 20.30h do serán e as entradas poderán adquirirse na Oficina de Cultura en horario de 09.00h a 15.00h, de luns a venres e polas tardes no Auditorio de 17.00h a 21.00h.

Sociedade